BANDO

 

Esta Alcaldía fai saber:

 

 

            Coa chegada do veran aumenta o risco de incendios forestais no noso concello considerado como un dos concellos de "alto risco". É de máximo interese pra todos os veciños de Vilardevós que as fincas, montes e soares existentes no concello se atopen nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada. Se ben este e un deber que teñen os/as  propietarios/as de terreos durante todo ano, nestas datas cobra especial relevancia perante o risco de incendios.

 

            Por todo elo todos os propietários de fincas teñen a obriga de ter limpo a unha distancia de 50 metros das vivendas.

           

            Por outra banda, comunicase que nesta época queda prohibido realizar fogueiras para recreo ou lecer e para a preparación de alimentos (nin nas zonas autorizadas pra elo) así como a utilización de equipamentos de queima ou combustión destinados á iluminación. Asi mesmo queda prohibida a queima de matogueiras cortadas ou amontoadas e calquera tipo de sobrantes de explotación, limpeza de restos ou calquera outro obxecto combustible.

 

            O incumprimento de ditas prescripcións podería dar lugar a imposición de fortes sancións económicas.

           

 

 

            O que se fai público para xeral coñecemento dos interesados/as.                

 

 

                                                         Vilardevós, 27 de xuño de 2017.

 

                                                                          O ALCALDE.

 

 

                                                                    Asdo.: Manuel Cardoso Pérez.

 

Text Size
Septiembre 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

 

ÚLTIMOS COMENTARIOS

  • Vilardevós ampliará el puente de Arzoá para el paso de camiones
    04.07.2017 15:35
    ESTAMOS ESPERANDO A LINPEZA DA RUTA DAS ADEGAS DE ARZADEGOS, TAMEN O ARRANXO DA ESTRADA VILARDEVOS ...

    Leer más...

     
  • El zorro y los mozos
    03.05.2017 11:43
    Desde luego el artículo es fantástico. Propio del mejor realismo mágico de la literatura de la Raia.

    Leer más...

     
  • Alcaldes de Riós y Vilardevós piden a Medio Rural abrir una pista y ayudas para la castaña
    11.11.2016 12:15
    Boa idea. ¿Por qué todo eso que no seu día foron leiras de centeo, millo, nabos, patatas, pasteiros de ...

    Leer más...