SILVIO SANTIAGO GARCÍA. Naceu e morreu en Vilardevós, 18-10-1903 --12-09-1974, respectivamente. En plena guerra civil (1937) escapa a Portugal despois de que fora asasinado o seu irmán Jacinto, de onde pasa a Cuba e despois a Venezuela, na capital na que reside.

Home de formación autodidacta, foi a súa, unha vida motivada pola paixón literaria, a mor de que traballou en ocupacións dispares. Na súa estancia venezolana fundou o Lar Galego, o Centro Galego e a Casa de Galiza e varias revistas, creou a emisora radial Hora de Galicia e colaborou en diversos diarios o tempo que, pacientemente e coa mirada na terra natal, tecía a urdimbre de o que serían as súas dúas aportacións importates a nosa literatura: Vilardevós e O silencio redimido.
BIBLIOGRAFIA:

- Vilardevós, supuxo , en 1961, ano da súa primeira saída –A segunda edición, tamén viguesa, e de 1971, un forte impacto entre os lectores e os críticos. Silvio Santiago conseguira converter o difícil en fácil. E dicir, escribir o libro do seu pobo sen caer na anécdota, e no costumismo ou no private joke, anque nalgunhas ocasións por razóns evidentes, roce estas circunstancias. Vilardevós e un retablo tenro e mítico, o que na distancia ten de mitificadota, adobado cun linguaxe veraz e rico, no exento de lusismos, explicables pola proximidade de Vilardevós a raia de Portugal. Abrese un deliciosa Razón e condición deste libro, no que o autor cun so pretexto dunha conversa en Venezuela ca súa filla Silviña, explícanos o como e o porqué de Vilardevós.
- O silencio redimido. Vigo. 1976. 1989. E claramente un libro autobiográfico. Que se trate ou non dunha novela e o de menos. Carballo Calero ante a dicotomía novela-memorias cre que, efectivamente, Santiago, escribiu unha novela. Sen embargo, incapaz de separar o destacado do irrelevante no seu vivir,vai anotalo todo, vai arquivalo todo, cronista, non novelista, da súa propia vida. Carballo, entende que O silencio redimido e un libro de memorias e Silvio Santiago un memorialista.
A primeira parte do libro en realidade a segunda, dada a distribución tipográfica, e a esencia da peripecia vital do autor en Galiza sometida o terror facista. Como tal o seu valor documental – de fidelidade cinematográfica as veces- e moi grande. A segunda parte, marcha a Portugal e aventura lisboeta de tal autor, deben, seguindo a Carballo Calero, novela de acción a perde a hondura das descripcións de medo perante a perseguizón en Galiza. Do que deduciríase que, probablemente, o Silvio Santiago testimonial supera o Silvio Santiago creador. O que non es óbice para que esta segunda parte, a pesar de certas truculencias e algún que outro xiro rocambolesco, se lea con sumo agrado. Perante moito tempo, a censura franquista impediu a publicación de O silencio redimido. Dado a estampa tres anos despois da morte do seu autor galardoouse co Premio da Crítica do ano 1977.

Text Size
Septiembre 2017
Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

 

ÚLTIMOS COMENTARIOS

  • Vilardevós ampliará el puente de Arzoá para el paso de camiones
    04.07.2017 15:35
    ESTAMOS ESPERANDO A LINPEZA DA RUTA DAS ADEGAS DE ARZADEGOS, TAMEN O ARRANXO DA ESTRADA VILARDEVOS ...

    Leer más...

     
  • El zorro y los mozos
    03.05.2017 11:43
    Desde luego el artículo es fantástico. Propio del mejor realismo mágico de la literatura de la Raia.

    Leer más...

     
  • Alcaldes de Riós y Vilardevós piden a Medio Rural abrir una pista y ayudas para la castaña
    11.11.2016 12:15
    Boa idea. ¿Por qué todo eso que no seu día foron leiras de centeo, millo, nabos, patatas, pasteiros de ...

    Leer más...